A creación de documentos de texto é unha das actividades máis habituais nos equipos informáticos, tanto no ámbito profesional como persoal.
O programa Microsoft Word é o procesador de textos de uso máis extendido. Pola cantidade de ferramentas e opcións, pola calidade dos resultados, os seus automatismos, a coidada interface e integración co resto de programas do paquete Office. Por todas estas razóns e algunha máis, Word é o programa adecuado para traballar con documentos de texto.
Este é un curso de iniciación, onde se mostran as ferramentas básicas de Word, coas que crear documentos de texto sinxelos.
Para realizar o curso non son necesarios coñecementos de Word, pero si coñecer o manexo dun ordenador. Hai que ter instalado Word, preferentemente a versión 2021, aínda que tamén se pode seguir con versións posteriores á 2013.